Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00441-I-97 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Data. Hora-Estrada pk.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00441-I-97

C-7921-E

LE90R0033251838

L.A. Baamonde Fernández.

Xral. Sanjurjo, 173.

156 A Coruña

Con data de rexistro de saída 16 de maio de 1997, foi requirido a L.A. Baamonde Fernández para que, no prazo de 10 días, remitise a esta Subdirección Xeral os discos-diagrama do vehículo matrícula C-7921-E, do período comprendido entre o 26 de xaneiro de 1997 e o 7 de abril de 1997 (ambos inclusive), así como relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción o dito acto tivo lugar o 19 de maio de 1997. Transcorrido o prazo sinalado non cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, ó lles impedi-lo exercicio das súas funcións.Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro. Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

250.000 ptas.
DX-00449-I-97

Obstrucción

LE90R0033251838

Tramagal Transportes, S.L.

Fernando III O Santo, 4 E-A.

15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Con data de rexistro de saída 16 de maio de 1997, foi requirida a empresa Tramagal Transportes, S.L. para que no prazo de 10 días remitise a esta Subdirección Xeral os discos-diagrama dos vehículos matrículas C-2018-BM, C-1131-J, C-4457-BJ, C-8775-J, M-2484-DP e M-728719. Do período comprendido entre o 26 de xaneiro de 1997 e o 7 de abril de 1997 (ambos inclusive), así como relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción. O dito acto tivo lugar o 21 de maio de 1997. Transcorrido o prazo sinalado non cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección ó lles impedi-lo exercicio das súas funcións.Artigo 33 da Lei 16/1987 do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28

de setembro. Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241), do 8 de outubro.

143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.250.000 ptas.
DX-00474-I-97

Varias

3276244968 A2053

Bernardo e Hijos, S.L.

Erín, 5

272 Lugo.

Con data de rexistro de saída do 11 de xullo de 1997, requiriuse a Bernardo e Hijos, S.L., para que no prazo de 10 días desde a recepción do requirimento remitise á Subdirección Xeral de Inspección de Transportes da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes (Xunta de Galicia) os discos-diagrama de 7 vehículos da súa propiedade, así como unha relación, xustificada, de conductores que prestan os seus servicios nestes vehículos. A dita recepción do requirimento tivo lugar, segundo o correspondente xustificante de recepción, o día 15 de xullo de 1997. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co requirimento, imposibilitando realizar, deste modo, a inspección pretendida.Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro. Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).143 da Lei 16/1987, 201 R.D.

1211/1990.

250.000 ptas.

9354