Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos en centros públicos.

Examinadas as propostas promovidas ó amparo da Orde do 7 de novembro de 1997 (DOG do 17), pola que se regula a renovación da oferta de ensinanzas nos centros sostidos con fondos públicos, de ensino secundario e escolas de arte, durante o curso 1998-1999, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido no punto cuarto da referida Orde do 7 de novembro de 1997, e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Autorizar, para o curso 1998-1999, os ciclos formativos de formación profesional específica relacionados nos centros que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña

Concello: Ferrol.

Escola Oficial Náutico-Pesqueira (Cód: 150FER01).

Ciclo superior. Navegación, pesca e transporte marítimo.

Ciclo superior. Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

Concello: Ribeira.

Escola Oficial Náutico-Pesqueira (Cód: 150RIB01).

Ciclo superior. Navegación, pesca e transporte marítimo.

Ciclo superior. Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

Provincia: Pontevedra

Concello: Vigo.

Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Cód: 36011804).

Ciclo superior. Navegación, pesca e transporte marítimo.

Ciclo superior. Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

8260