Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se dictan as normas para regula-lo desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica no curso 1998-1999.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 147, do 31 de xullo de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.871, no punto cuarto.2, onde di: «no que tamén se reflicte o número de sesións semanais de 50 minutos equivalentes (1ª columna do citado anexo).»; debe dicir: «no que tamén se reflicte, para o caso de centros públicos, o número de sesión semanais de 50 minutos (1ª columna do citado anexo).».

Na páxina 8.871, no punto quinto onde di: «profesorado»:; debe dicir: «Profesorado de centros públicos».

-Na páxina 8.888, no cadro do CM Comercio debe ser eliminado o «X» do recadro correspondente á columna 8ª do módulo de administración e xestión dun pequeno establecemento.

-Na páxina 8.898, no cadro do CM Equipos e instalacións electrotécnicas debe ser eliminado o «X» do recadro corespondente á columna 8ª do módulo de electrotecnia.

-Na páxina 8.899, no cadro do CM Instalacións electrotécnicas debe ser eliminado o «X» do recadro correspondente á columna 8ª do módulo de informática técnica.

-Na páxina 8.903, no cadro do CM Cociña o «X2» da columna 4ª do módulo de administración, xestión e comercialización na pequena empresa, debe substituírse por «X1-X2».

-Na páxina 8.903, no cadro do CM Cociña debe ser eliminado o «X1» da columna 6ª dos módulos preelaboración e conservación de alimentos e técnicas culinarias, e debe figura-lo «X1» na columna 5ª dos módulos citados.

-Na páxina 8.904, no cadro do CM pastelería e panadería o «X2» da columna 4ª do módulo da administración, xestión e comercialización na pequena empresa, debe substituírse por «X1-X2».

-Na páxina 8.904, no cadro do CM Servicios de restaurante e bar o «X2» da columna 4ª do módulo de administración, xestión e comercialización na pequena empresa, debe substituírse por «X1-X2».

-Na páxina 8.905, no cadro do CS Información e comercialización turísticas debe ser eliminado o «X» do recadro correspondente á columna 8ª do módulo asistencia e quía de grupos.

-Na páxina 8.907, no cadro do CM Perruquería debe ser eliminado o «X» do recadro correspondente á columna 8ª do módulo dirección técnica-artística.

-Na páxina 8.907, no cadro do CS Estética debe ser eliminado o «X» do recadro correspondente á columna 8ª do módulo estética hidrotermal.

9638