Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.615

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 290/1998, do 8 de outubro, polo que se aceptan as cesións a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia de dous terreos de 3.804,29 e 488,52 m, situados no lugar de Monte Vizocas, termo municipal do Grove (Pontevedra), para a construcción dun centro de educación secundaria.

A Asemblea Xeral da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente do Grove na súa reunión con data do 11 de xaneiro de 1998, e o Pleno da Corporación municipal do Concello do Grove, reunido en sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1998, acordaron respectivamente cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia un terreo dunha superficie de 3.804.29 m e outro de 488,52 m, contiguos e situados no lugar de Monte Vizocas, termo municipal de Ordes (A Coruña), para a construcción dun centro público de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco, aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e o Concello de Ordes, respectivamente, acordaron a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Gali

cia na súa reunión do día oito de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptanse as cesións gratuítas de dous terreos situados no lugar de Monte Vizocas, termo municipal do Grove (Pontevedra), que a seguir se describen:

-Parcela de 3.804,29 m de superficie, que linda: norte, máis da Comunidade de Montes Veciñais de San Vicente do Grove, predio matriz; sur, Concello do Grove, colexio público, e máis da Comunidade de Montes de San Vicente; leste, Carmen Pérez Castro e outros; e oeste, camiño público. Este predio segregarase do seu matriz, inscrito a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente do Grove, veciños da parroquia de San Vicente do Grove, no Rexistro da Propiedade de Cambados, no tomo 938, libro 103, folio 89, predio nº 11.755, denominado Montes da parroquia de San Vicente en concreto do seu número 1) Vizocas.

-Terreo de 488,52 m de superficie, que linda: norte e leste, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente do Grove; sur, predio matriz, colexio público; e oeste, camiño público. Este predio segregarase do seu matriz, inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados, no tomo 641, libro 40, folio 36, predio nº 4.991, a favor do Concello do Grove.

Artigo 2º

Os inmobles cedidos destinaranse á construcción dun centro público de educación secundaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición e agrupación dos bens no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, oito de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9677