Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras da rede sumidoiros e auga, estrada Rubiáns a Laxe (1ª e 2ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 12.500.000 ptas. (1ª fase 6.500.000 ptas. 2ª fase 6.000.000 de ptas).

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 250.000 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 28 de setembro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

9050