Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do reformado do proxecto de urbanización da UE V-02 Vista Alegre (expediente 4492/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o reformado do proxecto de urbanización da UE V-02 Vista Alegre, presentado por Fernando Casuso Silva, en representación da sociedade 20 Julia Minguillón, S.A., e redactado polos arquitectos José A. Comesaña García e María Dolores Somoza Rodríguez-Escudero, con visados do colexio oficial do 5 de agosto, 26 de novembro e 16 de decembro de 1997, así como a nova documentación da instalación de iluminación pública visada polo COETI de Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1998, e segundo o disposto na parte expositiva deste acordo.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9049