1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras da rede de sumidoiros Paradela de Abaixo (1ª e 2ª fase).
2. Prazo do contrato: catro meses.
3. Prezo do contrato: 12.000.000 de ptas. (1ª fase 6.000.000 de ptas. 2ª fase 6.000.000 de ptas).
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 240.000 ptas.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 28 de setembro de 1998.
Joaquín J. Gago López
Alcalde
9561