Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 14 de outubro de 1998, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o concruso de ideas, por procedemento aberto, para a adxudicación da redacción do proxecto técnico e dirección das obras de polideportivo cuberto e pista descuberta nos terreos das Trigueirizas, quedando exposto ó público polo prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para efectos de reclamacións.

Ó mesmo tempo, anúnciase concurso, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

O prego completo de cláusulas administrativas consta nas oficinas municipais, extractándose seguidamente o seguinte:

Localización: predio das Trigueirizas.

Lugar: Celanova (Ourense).

Nome: polideportivo cuberto e pista deportiva descuberta nas Trigueirizas.

Concurso de ideas para o posterior encargo do proxecto técnico, así como para a adxudicación do contrato e da dirección das obras dun polideportivo cuberto e pista deportiva descuberta nas Trigueirizas.

Antecedentes.

O concello de Celanova convoca a concurso de ideas para a redacción de proxecto dun polideportivo cuberto e pista deportiva descuberta nas Trigueirizas dentro do marco de actuación do convenio asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Provincial e o Concello de Celanova, aprobado polo Pleno do Concello do 24 de setembro de 1998.

Base 1: obxectivos.

Elección da proposta máis imaxinativa, orixinal, atractiva, funcional e adecuada ó contorno monumental no que se sitúa, para a construcción dun polideportivo cuberto e unha pista deportiva superior, así como á adecuación do seu contorno, atendendo ás condicións técnicas básicas que se enumeran nas bases.

Base 3: concursantes.

Poderán tomar parte neste concurso aqueles técnicos de titulación superior habilitados pola lei para poderen redactar e dirixir proxectos desta índole, que poderán concorrer individualmente ou en equipo multidisciplinar.

Base 4: prazo de presentación.

Ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense ou no DOG.

Base 6: orzamento indicativo.

Incluídas as dotacións, honorarios de redacción e dirección do proxecto, o importe será de 90 millóns de pesetas.

Esta cantidade introdúcese de xeito indicativo, polo que o proxecto poderá non chegar ou superar esta, prevalecendo en todo caso as condicións técnicas e outras valoracións que poidan ser introducidas ó respecto.

Base 10: puntuación.

O xurado valorará:

ConceptoPuntos

1Orixinalidade no deseño e contido do pavillónDe 1 a 15

2Harmonía da actuación co contorno do mosteiroDe 1 a 15

3Acondicionamento do contorno do pavillón e da pista deportivaDe 1 a 15

4Integración doutras actividades que se van desenvolver no edificioDe 1 a 10

5Calidade de materiais propostosDe 1 a 10

6Aproveitamento de espacios que se creenDe 1 a 10

7Supresión de obstáculos e barreiras arquitectónicasDe 1 a 10

8Prazo de redacción do proxecto técnicoDe 1 a 10

9Valoración económica das actuaciónsDe 1 a 5

Ningún proxecto será ganador no suposto de que non acade 75 puntos.

No suposto de empate, dirimirá o xurado e adoptará a resolución por maioría de 2/3.

Celanova, 16 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9056