Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión con data do 25-9-1998, o estudio de detalle para a consolidación de aliñacións no lugar de Pazo-Saiar, sométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de alegacións.

O prazo contará desde a última publicación no DOG ou nun diario dos de maior circulación na provincia.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de obras do concello.

Caldas de Rei, 28 de setembro de 1998.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde

9612