Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 7-9-1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na segunda fase da unidade de actuación centro sur número 6 (Avda. Ramón Ferreiro, rúa Salvador de Madariaga e Avda. Anxo López Pérez), solicitado pola Diócese de Lugo.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 10 de setembro de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Arias Roca

Tenente alcalde delegado de Área

9048