1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos con destino a varios servicios da consellería, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: os licitadores ofertarán a un ou ós dous lotes.
d) Lugar de entrega: en servicios distintos das catro delegacións provinciais.
e) Prazo de entrega: un (1) mes, contado desde a data de sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vintedous millóns cincocentas mil pesetas (22.500.000 ptas.).
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.
Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 42.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo http://xunta.es.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 24 de novembro de 1998.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 27 de novembro de 1998.
e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
9178