Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Amoroce (Celanova-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Amoroce (Celanova-Ourense), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 153/1994, do 2 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 113, do 14 de xuño), que a xunta local da zona, na súa reunión do 24 de setembro, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello do Celanova e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases os interesados poden interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las notificacións que procedan.

Ourense, 24 de setembro de 1998.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

9581