Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita na rúa Carreira do Conde, 20, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Adrián Bravo Juan, na súa calidade de representante

da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde, 20, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral do Turismo,

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde, 20, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

9589