Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (596/1998).

Por esta cédula, e en virtude do acordado nesta data polo maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, nos autos nº 596/1998, seguidos por instancia de Manuel Vilela Barreiro en reclamación de cantidade, estando o acto de conciliación e o xuízo sinalados para o vindeiro día 2 de decembro de 1998, ás 10.05 horas, cítase en única convocatoria a empresa Instalaciones Ena, S.C., Eduardo Nogueira Arenas e D.J. Manuel López Lago, que tiveron o seu domicilio en r/ San Pedro de Mezonzo, nº 18, baixo, ou r/ Morón , nº 11 ou rúa B, portal 2-2º, polígono do Tambre, Santiago de Compostela, e hoxe en ignorado paradoiro, para que acompañado de tódolos medios de proba dos que intente valerse compareza neste xulgado, sito na r) Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e ó xuízo correspondente.

Advírteselle que as sucesivas dilixencias lle serán notificadas nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese á dita empresa para que achegue ó acto de xuízo o libro de matrícula de persoal, os partes de alta e de baixa na Seguridade Social e os boletíns de cotización dos actos dos meses de outubro, novembro e decembro de 1997 e de xaneiro de 1998. Cítase, así mesmo, o representante legal da dita empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

O secretario xudicial

Rubricado

9226