Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se comunica a adxudicación da contratación, mediante concurso, da subministración de vestiario de verán e de inverno para ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública e para conductores do Parque Móbil da Xunta.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 20 de xuño de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño, anunciouse a contratación, mediante concurso aberto, dunha subministración de vestiario de verán e de inverno para ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública e para conductores do Parque Móbil da Xunta.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación, constituída para o efecto, o titular desta consellería, por Resolución do 22 de setembro do presente ano, acordou adxudica-la citada subministración á empresa Carmen Marcos, S.L. (El Uniforme), por importe de 6.102.644 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

9235