Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (322/1998).

Eu, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber, que neste xulgado se segue o procedemento EX.DOM.REAN.TRAC 322/1998 por instancia de José Romualdo Noguera Paz e María Teresa González Barrero, expediente de dominio para a inmatriculación dos seguintes predios:

1. Rústico, número 1269 do plano xeral, consistente nun terreo de labradío secano no sitio de Tras das Eiras, da extensión superficial de setenta e dúas áreas e dúas centiáreas, que linda polo norte, Manuela Berdullas Vilares e outros (1267) e Aurora Rodríguez (1268); polo sur, con camiño, Carmen Rodríguez Mallo (1505) e Manuel Pampín Rodríguez (1270); polo leste, con núcleo urbano de Castelo; e polo oeste, Carmen Rodríguez Mallo (1505) e camiño construído por concentración. Está gravado cunha servidume de acueducto para zona excluída na forma que se fai constar no plano parcelario.

2. Rústico, número 273 do plano xeral, consistente nun terreo a prado regadío labradío secano e monte, no sitio de Braña, dunha hectárea, sesenta e catro áreas e sesenta e unha centiáreas, que linda polo norte, estrada de Roxos a Portomouro; Soledad Fernández Lego (275) e regato en medio; sur, María del Carmen Míguez Pulleiro e outros (268) e Manuel Berdullas Vilares e outros (2769); leste, Carmen Pulleiro Míguez (270), Pilar Fernández Lago (271) e Concepción Noya Mariño (272); e oeste, con Soledad Fernández Lago (275), regato en medio, Manuel González Landeira (274) e Carmen Framil García (267). Goza dunha servidume de acueducto a través do predio 272 e está gravado con outra de igual carácter a favor do predio 274 de Manuel González Landeira na forma que se fai constar no plano parcelario.

Os ditos predios están situados en Santo Estevo de Cobas e Santo Tomás de Ames, do municipio de Ames.

Preténdese a inscrición no Rexistro da Propiedade de Negreira, da porción indivisa da quinta parte dos predios sinalados.

Polo presente edicto e en virtude do acordado en providencia desta data convócanse os herdeiros descoñecidos de Elvira Paz García de Seárez, e as persoas ignoradas a quenes puidera prexudica-la inscrición pretendida polos promoventes, co fin de que no prazo dos días seguintes á publicación deste edicto, poidan comparecer no expediente, alegando o que no seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela o vintedous de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

9187