Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional de primeiro e segundo grao.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 160, do 19 de agosto, cómpre face-las seguintes correccións:

-Suprímese o contido do punto primeiro.4, páxina 9.535, dándolle a seguinte redacción:

«4. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de formación profesional de segundo grao

subscribiranse con carácter de réxime singular nos termos que se especifican no anexo IV, sen prexuízo do establecido nos artigos 60 e 61 do Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo».

-Na páxina 9.536, provincia: Lugo, onde di: «12) Divina Pastora, Monforte de Lemos, Xeral, 7-3-2-2-3», debe dicir: «12) Divina Pastora, Monforte de Lemos, Xeral, 7-3--3-1-3».

-Na páxina 9.537, provincia: Pontevedra, onde di:«45) María Inmaculada, Silleda, Xeral, 5/1-3-2-1-1», debe dicir: «45) María Inmaculada, Silleda, Xeral, 6-3-2-1-1».

-Na páxina 9.538, anexo II, provincia: A Coruña, onde di: «2) Nuestra Señora de Lourdes, A Coruña, 5/4», debe dicir: «2) Nuestra Señora de Lourdes, A Coruña, 6/3».

-Na páxina, 9.538, anexo III, provincia: A Coruña, onde di: «7) La Paz, A Coruña, ciclos medios: 1 xestión administrativa», debe dicir: «7) La Paz, A Coruña, ciclos medios: 1 coidados auxiliares de enfermería».

-Na páxina 9.539, anexo III, provincia: Ourense, onde di: «3) San Martín, Ourense, ciclos medios: 1 xestión administrativa», debe dicir: «3) San Martín, Ourense, Programas de Garantía Social: 1 iniciación á informática».

9510