Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (98/021 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

Nomease instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación dos procedementos, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación destas notificacións, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións, ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ós expedientes. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 8 de outubro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación Regulamento CENSanción proposta
ArtigoCualificación

98/021de Prado Díaz, Pablo A.

34.250.699L

Calvo Sotelo nº 59. Monforte de Lemos. Lugo

Acampar nun lugar prohibido.38.3ºLeve15.000 ptas.
98/029González Gómez, Teresa

46.053.899

Avda. Buenos Aires, 113. Ourense.

Circular e estacionar en zona prohibida.38.13ºLeve15.000 ptas.
98/033Martínez Silva, Carlos

35.553.068

Pedreira. Marín.

Circular e estacionar en zona prohibida38.13ºLeve15.000 ptas.
98/063Suárez Mohíno, Cristina

Avd. do Exército, 25, 10 Dta. A Coruña.

Acampar nun lugar prohibido38.3ºLeve15.000 ptas.
98/069García Pérez, Juan

Belleza, nº 4. Madrid.

Circular por zona prohibida.38.13ºLeve15.000 ptas.
98/071Figueiras Varela, Ángeles

34.933.058

Bonhome, 1ºD. Ourense.

Circular e estacionar en zona prohibida.38.13ºLeve15.000 ptas.
98/082Alonso Leiros, José

36.016.575

Castelos Costa. Vigo

Circular e estacionar en zona prohibida.38.13ºLeve15.000 ptas.
98/090Silva Álvarez, Eladio

10.034.774

Jaén, nº 18. Ponferrada

Explotación de animais protexidos.38.8ºLeve75.000 ptas.

9528