Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do procedemento sancionador de incendios forestais 227I/1997 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sanciona

dores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais, (BOE nº 294, do 7 de decembro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordante da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de outubro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación Regulamento

de incendios

Sanción
ArtigoCualificación

227I/97Teijeiro García, Atilano

Lugar de San Román, 1. Cedeira.

Queimar en época prohibida.138.AMoi grave50.000 ptas.
245I/97Salgado Vázquez, Mercedes

Torrente, Conxo. Santiago de Compostela.

Queimar en época prohibida.138.AMoi grave15.000 ptas.
262I/97Siada Caamaño, Magdalena

32.404.025

Taxes, Louro. Muros.

Queimar en época prohibida.138.AMoi grave15.000 ptas.
302I/97Foz Barcia, Luciano

32.550.367

Barral, San Román. Cedeira

Queimar en época prohibida.138.AMoi grave15.000 ptas.

9441