Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da subministración de material informático para a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración de material informático.

2.2. Prazo de execución: vinte días.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.930.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional: 2% do orzamento da contrata ou do lote ó que se presenten ofertas.

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata ou do lote adxudicado.

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e Cód. postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa Os Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

9302