Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se lle renova a Cualicontrol-ACI, S.A. a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Juan A. Martínez Medina en representación de Cualicontrol-ACI, S.A.

e a documentación anexa, na que se solicita que se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mentador-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria ITE 11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (R.I.T.E.) parobada por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo, (BOE do 5 de agosto) pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de intalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral de industria

RESOLVE:

Renovar a Cualicontrol-ACI, S.A. a cualificación de entidade recoñecia para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia de Ourense.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE 11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización incial.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8960