Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/172-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Bande Conyel, S.L.

Enderezo social: Gral. Aranda, 35, 32000 Bande.

Denominación: C.T. aéreo de 100 kVA e L.M.T. aérea a 20 kV.

Situación: Bande.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 30 metros en conductor tipo LA-56, derivada desde o apoio nº 126 da L.M.T. Conchas-Bande e remate no C.T. aéreo proxectado de 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V nunha parcela propiedade de Bande Conyel, S.L. sita ás aforas do casco urbano de Bande nas proximidades da estrada a Lueda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9096