1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra.
b) Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemeento: aberto.
c) Forma: procedemento negociado de proxecto e obra.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 37.400.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional; dispensada para os que acrediten a clasificación requirida. R.D. 1883/1979.
6. Obtención de documentación e información.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas poderán recollerse en:
a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.
Na Dirección Xeral de Transportes.
b) Dirección: praza de Europa 5-A (2ª planta).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
d) Teléfono: 981 54 45 94.
e) Telefax: 981 54 43 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: a clasificación requirida será grupo C completo, categoría D.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o priego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Domicilio: r/ San Caetano, s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.
b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2ª planta).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de terminación do prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.
P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14-12)
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes
8851