Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifican resolucións de reintegro de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (Daquinta Fuertes, Eulogio e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, resolucións da Dirección Xeral de Tributos polas que se lles require ás persoas que se relacionan no anexo, o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

As correspondentes delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda emitirán a opor

tuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor/aNIFImporteConceptoDelegacións Economía e Facenda

Eulogio Daquinta Fuerte32.297.772289.688 ptas.RisgaA Coruña
José Ángel Vázquez Prieto76.410.096300.860 ptas.RisgaA Coruña
Grúas Caldas, S.L.B-36.715.357779.576 ptas.Reintegro subvenciónPontevedra
Leader Market Group, S.L.B-32.193.19519.838.700 ptas.Reintegro subvenciónA Coruña
Sastrería López Parga, S.L.B-15.367.6671.102.296 ptas.Reintegro subvenciónA Coruña
Monserrat Rubiños Taboada32.644.332163.160 ptas.RisgaA Coruña

9562