Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 527/98).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1996 do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Pulpo de Camariñas, S.L., con enderezo social no lugar de Outeiro. Ponte do Porto. Camariñas (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Instalación de coxeración composta por un grupo motor de 316 kW de potencia mecánica e un grupo xerador de 375 kVA de potencia eléctrica, utilizándose como combustible gasóleo C cun transformador de 400 kVA e relación de transformación 15/20 kV/380 V e un transformador para servicios auxiliares de 100 kVA e relación que transformación 20 kV/380 V.

Lugar onde se vai establecer a instalación: factoría da empresa en lugar de Outeiro de Ponte do Porto (Camariñas).

Orzamento: 34.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 23 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9549