Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.525

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (182/1996).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dá fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos que no seu encabezamento e parte dipositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Ribeira o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de separación matrimonial nº 182/1996, seguidos por instancia de Luis Manuel Insua Sobrido, representado pola procuradora Treus Blanco, contra María Dolores Villaverde Gendra.

Vistos os preceptos de pertinente e xeral aplicación.

Decido: que estimando a demanda interposta pola procuradora Treus Blanco en nome e representación de Luis Manuel Insua Sobrido, contra María Dolores Villaverde Gendra, debo decretar e decreto a separación matrimonial dos referidos cónxuxes, quedando revogados tódolos consentimentos ou poderes que se outorgasen. Todo isto sen facer especial imposición de custas.

Comuníquese esta sentencia, unha vez firme, ó Rexistro Civil en que conste a inscrición do matrimonio dos cónxuxes, expedíndose para tal efecto oportuno despacho para a súa anotación marxinal.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos dentro do prazo de cinco días desde a súa notificación.

A anterior sentencia foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía María Dolores Villaverde Gendra, expido e asino a presente cédula en Ribeira o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9179