Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.525

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (134/1998).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de divorcio (5*) seguidos neste xulgado baixo o número 134/1998, por instancia de María Isabel Torreira García, representada por Avelino Calviño Gómez (de oficio), por esta cédula emprázase a José María Touriñán Rodríguez, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento que de non o facer será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen oílo nin citalo máis, e entendéndose as sucesivas dilixencias no xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta

cédula en Negreira o vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2606