Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (34/1998-09).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe e testemuño de que o que se relata é o encabezamento e resolución da sentencia dictada

nos autos do xuízo de faltas número 34/1998, e que di o seguinte:

«Sentencia: na Estrada, o día vinteseis de maio de mil novecentos noventa e oito. Vistas por Cristina García Velasco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, as precedentes actuacións do xuízo de faltas número 34/1998 nas que resultan partes os seguintes: como denunciado, José María Sánchez Padilla, coa intervención nas actuación do Ministerio Fiscal, versando aquelas sobre conducción sen seguro obrigatorio de vehículo a motor.

Decido: que condeno a José María Sánchez Padilla como autor dunha falta contra a orde pública á pena dun mes de multa, a razón dunha cota de 200 ptas. diarias.

Notifíquese ás partes a anterior sentencia, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio de escrito motivado en legal forma e que se deberá formalizar ante este órgano no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e se realice a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios, e que sirva de notificación en forma a José María Sánchez Padilla, con descoñecido paradoiro, expido o presente edicto na Estrada o 8 de xullo de 1998.

O secretario xudicial

Rubricado

9127