Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso da obra e subministración para a mellora das instalacións eléctricas situadas en núcleo urbano.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 185/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a realización das obras e subministración para a mellora das instalacións eléctricas situadas en núcleo urbano.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Duración: 16 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.150.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 643.000 ptas.

Definitiva: 300.400 ptas. mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo I; subgrupo 1; categoría C.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natual non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo

que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: acordo do Pleno do 16-10-1998.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrei, Avda. de Portugal, fronte á Praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 16 de outubro de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

9026