Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización ED Roade. (Expediente 4086/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de setembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do ED Roade, conforme a documentación presentada por Fernando Pujales Estévez en representación de Carmen Estévez Pinal, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Fernando Pujales Estévez e con visado colexial do 29 de abril de 1998.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9492