Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso dos traballos de redacción do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do barrio de San Lázaro e núcleo antigo en Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 186/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a redacción dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do barrio de San Lázaro e núcleo antigo en Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Duración: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 280.000 ptas.

Definitiva: 560.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publi

cación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natual non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: acordo do Pleno do 16-10-1998.

c) Consulta documentación: Secretaría Xeral do concello.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 16 de outubro de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

9498