Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

DECRETO de convocatoria unitaria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público do Concello de Tomiño para o ano 1998.

1. Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a provisión das dúas prazas que se indican, de persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego e cadro de persoal aprobado polo Concello de Tomiño:

Nº prazas: 1.

Denominación: limpador/a da Escola Unitaria de Vilachán.

Tipo: tempo parcial (3/8 xornada).

Nº prazas: 1.

Denominación: limpador/a da Casa do Concello , Centro Rural de Hixiene de Tomiño e Centro de Servicios Sociais.

Tipo: tempo parcial (9/16 xornada).

Por seren dúas prazas distintas, abriranse expedientes independentes respecto de cada unha delas, polo que os interesados, se é o caso, terán que presentar unha instancia individualizada para cada unha das citadas vacantes, realizándose tamén de forma independente as probas para a súa provisión.

Convócase, por tanto, os concursos-oposición referidos a cada unha das citadas prazas con carácter independente aínda que rexidas por idénticas bases.

As retribucións básicas e complementarias serán as establecidas na lexislación vixente tendo en conta así mesmo o convenio regulador das condicións de traballo do persoal do Concello de Tomiño.

2. Condicións dos aspirantes:

a) Ser español.

b) Ser cidadán daqueles estados nos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Económica Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Nestes casos, ademais do resto das condicións os aspirantes, de conformidade co disposto no artigo 2 da Lei 17/1993, do 23 de decembro, terán que acredita-la citada nacionalidade.

c) Ter cumpridos 18 anos e non exceder dos 55, ámbalas idades referidas ó día no que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Certificado de escolaridade ou equivalente.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das súas funcións.

f) Non atoparse en causa de incapacidade ou incompatibilidade para contratar co concello.

g) Non ter sido separado mediante expediente disciplianrio do servicio ó Estado, AA.AA. ou EE.LL., nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

No caso de que sexan cidadáns doutros estados nos que exista convenio nos termos definidos na letra b) destas condicións, deberá acreditarse non estaren sometidos a sanción diciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.

As citadas condicións terán de cumprirse antes do remate do prazo de presentación de instancias.

3. Solicitudes.

Serán presentadas no Rexistro do Concello ou da forma que determina o artigo 38 da LRX-PAC, dentro do prazo de 20 días hábiles a partir da publicación destas bases no DOG e dirixidas ó alcalde do Concello de Tomiño. Nas solicitudes para tomar parte nas probas selectivas deberá constar que se reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de finalización do prazo sinalado para a presentación de instancias.

As instancias acompañaranse de:

-Copia do DNI ou pasaporte, ou documento acreditativo da nacionalidade de que se trate.

-Xustificante do depósito dos dereitos de exame (1.000 ptas), na Intervención do Concello.

-Se se alegasen méritos dos definidos nesta convocatoria para seren tidos en conta na fase de concurso terán que acreditarse de conformidade co disposto nestas bases, ben por certificado da administración pública na que faga consta-la alta do traballador na seguridade social ou a cobertura sanitaria correspondente, ben tanto no caso da administración pública como no caso das entidadces privadas a través do correspondente contrato debidamente selado na oficina de emprego.

4. Admisión de solicitudes.

Rematado o prazo de presentación de instancias a alcaldía aprobará a lista de admitidos e excluídos , que se publicará no taboleiro de edictos do concello e no BOP de Pontevedra outorgando un prazo de 10 días hábiles, de conformidade co artigo 71 da LRX-PAC, para os efectos de rectificación. Así mesmo, será publicada nos mesmos medios a composición do tribunal e a data e hora da celebración das probas.

5. Tribunais.

-Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

-Vocais:

Un concelleiro nomeado pola Alcaldía.

Un funcionario de carreira do Concello.

Un representante nomeado polas distintas organizacións sindicais, de conformidade co aprobado na mesa de negociación.

Por cada un dos membros anteriores nomearase un suplente. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal de conformidade co previsto nos artigos 28 e 29 da LRX-PAC.

Os tribunais non poderán constituírse nin actuar sen a asistencia, polo menos, da metade dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente, e a súa actuación terá que axustarse ás bases da convocatoria, quedando facultados non obstante para resolve-las dúbidas que se susciten e adopta-los acordos precios para o bo funcionamento das probas, no non previsto nas presentes bases.

6. Desenvolvemento das probas selectivas.

Os exercicios individuais realizaranse de conformidade co sorteo efectuado polo MAP o día 23-2-1996, iniciándose a orde de actuación dos aspirantes por aqueles que teñan o primeiro apelido iniciado pola letra Ñ, ou polas sucesivas se é o caso.

A selección dos aspirantes será polo procedemento de concurso-oposición libre, sendo a fase de oposición anterior á de concurso.

Fase de oposición: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes, consistirá nun único exercicio composto de ata tres probas relacionadas coas funcións que se van desempeñar.

Fase de concurso: os aspirantes que superen o exercicio eliminatorio da fase de oposición e que teñan presentado, de conformidade coas presentes bases, os correspondentes méritos serán considerados na fase de concurso conforme o seguinte baremo de méritos:

-0,20 puntos por cada mes traballado en calquera Administración pública española ata un máximo de 2 puntos.

-0,20 puntos por cada mes traballado en entidades privadas, ata un máximo de 1 punto.

Os servicios prestados tanto na Administración pública como nas entidades privadas referiranse, en todo caso, ás funcións de limpeza propias das prazas obxecto desta convocatoria.

Os citados méritos valoraranse con referencia á data no que remate o prazo de presentación de instancias e acreditaranse segundo o establecido na base 3ª.

No suposto práctico elaboraranse como máximo 10 casos practicos por cada exercicio que se rea

lizarán xunto coa súa resposta, ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

O tribunal elixirá ó chou entre eles os que proporá para a súa resolución polos aspirantes.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e nos exercicios da fase de oposición e nas demais probas de coñecemento que se poidan establecer nas bases servirá para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate nas puntuacións de aspirantes propostos polo tribunal, o desempate resolverase a favor do aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persiti-lo empate, resolverase a favor do de maior puntuación no apartado de coñecemento e de experiencia profesional.

Non se terán en conta as puntuacións máis altas nin as másis baixas, ou unha delas en caso de empate, cando exista respecto das demais unha puntuación igual ou superior a tres puntos.

7. Cualificación da probas.

As probas do exercicio da fase de oposición serán valoradas conxuntamente, cualificándose de 0 a 10 puntos cada una das probas, eliminándose o aspirante que non consiga polo menos un mínimo de 5 puntos en cada unha delas.

A cualificación obterase sumando as puntuación outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel, sendo a cualificación definitiva neste 1º exercicio a suma dos diferentes cocientes das tres probas.

Rematado este exercicio, o tribunal fará pública no taboleiro de edictos do concello a relación dos aspirantes que o superaron con indiciación da puntuación obtida. Os aspirantes que non estean incluídos na citada relación terán a consideración de non aptos.

Acto seguido realizarase a fase de concurso, outorgándose se é o caso, os correspondentes puntos a aqueles aspirantes que tendo superada a fase de oposición presentasen xunto coa a súa solicitude os méritos ós que se refiren estas bases.

Trala correspondente avaliación feita polo tribunal, sumaranse as puntuacións obtidas nas dúas fases (oposición e concurso) e o total da puntuación alcanzada por cada aspirante determinará a orde de prelación para a proposta de cualificación final efectuada polo tribunal.

8. Relación de aprobados.

Rematadas as probas selectivas o tribunal fará pública a relación de aspirantes aprobados por orde de puntuación obtida con indicación da puntuación obtida na fase de oposición e na fase de concurso e proporá, para o seu nomeamento soamente aquel aspirante que obtivese a maior puntuación total, elevándolle a proposta ó presidente desta corporación.

O tribunal non poderá propoñer máis aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

9. Presentación de documentación.

O aspirante proposto presentará, no prazo de 20 días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados os documentos acreditativos das condicións de capacidade de demais requisitos esixidos na base 2º desta convoctoria.

Se dentro do prazo indicado, e salvo en casos de forza maior, non presentase a documentación, non poderá ser nomeado e quedarán anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na súa instancia.

Neste caso a presidencia do tribunal formulará proposta a favor do aspirante que, tendo aprobado os exercicios da oposición, tivese cabida no número de prazas convocadas como consecuencia da referida anulación.

Unha vez presentada a documentación de conformidade coa base 2ª desta convocatoria, o aspirante proposto será nomeado persoal laboral fixo deste concello, e subscribirase o contrato correspondente.

No suposto de non facelo no prazo que se lle indique sen causa xustificada, entenderase que renuncia ó posto. Así mesmo o nomeamento publicarase no BOE.

10. Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e formas previstas na Lei 30/1992.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos precisos para a boa fin da provisión no non previsto nestas bases, rexendo como supletorias a Lei 7/1985, do 2 de abril, RDL 781/1986, do 18 de abril, e demais diposicións concordantes.

Tomiño, 16 de setembro de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

9497