Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, anúnciase a contratación das obras de remodelación da Avda. Barrié de la Maza e Praza da Igrexa Nova por procedemento aberto e concurso e trámite de urxencia.

De conformidade co disposto no 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-las obras anteriormente sinaladas, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de remodelación da Avda. Barrié de la Maza e Praza da Igrexa Nova.

2. Duración do contrato: 5 meses.

3. Tipo de licitación: 32.258.710 ptas.

4. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, supendéndose a licitación en caso de impugnación.

7. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

8. Presentación de proposicións: durante trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

10. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 19 de outubro de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

8685