Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de setembro de 1998, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal chamado parque eólico Os Corvos.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de setembro de 1998, a parte dispositiva do cal é do seguinte teor literal:

1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal chamado parque eólico Os Corvos.

2º Integra-lo citado proxecto sectorial no Plan Eólico de Galicia, aprobado por acordo deste consello do 1 de outubro de 1997.

3º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Cedeira que da vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9506