Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de setembro de 1998, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal chamado parque eólico Couce do Penido.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de setembro de 1998, a parte dispositiva do cal é do seguinte teor literal:

1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal chamado parque eólico Couce do Penido.

2º Integra-lo citado proxecto sectorial no Plan Eólico de Galicia, aprobado por acordo deste consello do 1 de outubro de 1997.

3º Consecuentemente, o planeamento dos concellos de Cedeira e Ortigueira queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba e non se require autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9349