Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de cafetería, perruquería e podoloxía.

De conformidade co establecido no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos seguintes servicios:

Servicio de cafetería:

* Centro Social de Baiona.

* Centro Social de Coia.

* Centro Social de Tui.

* Residencia da 3ª Idade de Marín.

* Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro.

* Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

Servicio de perruquería:

* Centro Social de Vilagarcía de Arousa.

* Residencia da 3ª Idade da Estrada.

* Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

Servicio de podoloxía:

* Centro Social de Vilagarcía de Arousa.

Canon mínimo de explotación: 12.000 ptas. anuais (doce mil pesetas).

Prazo de execución: 1 ano prorrogable por períodos anuais.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: 25.000 ptas. (vintecinco mil pesetas).

Forma de tramitación: urxente.

1. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán ser examinados nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das 10 ás 14 horas, nos días hábiles.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

3. Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados, ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4. Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 13 días naturais ás 14 horas.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

7. Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, ás 10 horas en acto público. Se coincidise en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

8. O pagamento deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21 de abril de 1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais de Pontevedra

9101