Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.494

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (183/1997).

Eu, María Begoña Arroyo Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo verbal de faltas, seguidos neste xulgado co número 183/1997, con data do 22-9-1998, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal que segue:

En Santiago de Compostela, o 22-9-1998, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos deste partido, pronuncia a seguinte

Sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 183/1997, seguidos neste xulgado sobre conducción dun vehículo de motor sen seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante policía municipal número 134, e o denunciado Antonio Pallas Cancela.

(Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Decido.

Que debo absolver e absolvo libremente a Antonio Pallas Cancela da falta de conducción dun vehículo de motor sen seguro obrigatorio, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Antonio Pallas Cancela, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9512