Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (80/1998).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 80/1998, por desobediencia ós axentes da autoridade, nos que recaeu sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e oito, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte,

Sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 80/1998, seguidos neste xulgado sobre desobediencia ós axentes da autoridade, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante policía local número 150, 155 e 128; e o denunciado Luis Manuel Eire Vázquez.

Decido que debo absolver e absolvo a Luis Manuel Eire Vázquez da falta de desobediencia ós axentes da autoridade pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Luis Manuel Eire Vázquez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9053