Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (31/1998).

Nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 31/1998, por unha presunta falta contra a orde pública, dictouse sentencia, co encabezamento e resolución do teor literal que segue:

En Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1998, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 31/1998, seguidos neste xulgado sobre conducción dun vehículo de motor sen seguro obligatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Manuel Sampedro Alcalde, policía local número 125, e o denunciado Miguel Ángel Martínez Alonso. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito). Decido que debo condenar e condeno a Miguel Ángel Martínez Alonso como autor dunha falta contra a orde pública de conducción dun vehículo de motor carecendo do seguro obrigatorio, á pena de multa de dous meses, fixando a contía de dúas mil pesetas, e sinalando a res

ponsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Miguel Ángel Martínez Alonso, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9052