Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (381/1998).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo sobre adopción de medidas provisionais de separación matrimonial ante este xulgado, por instancia de Rosa María Leis Calviño, representada pola procuradora Queiro García, contra Manuel Campo Piñeiro e o Ministerio Fiscal, por medio desta cédula cítase a Manuel Campo Piñeiro, do que se descoñece o domicilio actual, aínda que segundo parece está traballando en Angola, co fin de que o día 30 de outubro, ás 10.30 horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración da comparecencia de adopción de medidas, coa prevención que de non o facer, con procurador que o represente e avogado que o dirixa, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación a Manuel Campo Piñeiro, expido esta cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

O secretario xudicial

Rubricado

9054