Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-111, treito Rábade-Cospeito. (Clave: N/LU/91.10).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, con data do 15 de decembro de 1997, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-111, treito Rábade-Cospeito. Clave: N/LU/91.10.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 8 de xaneiro de 1998, declárase urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Rábade, Begonte e Cospeito e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen perxuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

* Concello de Rabáde.

Lugar: Casa do Concello en Rábade

DataHoraNum. predio

23 de novembro de 1998das 10 ás 14do 001 ó final

* Concelo de Begonte.

Lugar: Casa do Concello de Begonte.

DataHoraNum. predio

24 de novembro de 1998das 10 ás 14do 001 ó 061

25 de novembro de 1998das 10 ás 14do 062 ó 121

26 de novembro de 1998das 10 ás 14do 122 ó final

* Concelo de Cospeito.

Lugar: Casa do Concello de Cospeito.

DataHoraNum. predio

27 de novembro de 1998das 10 ás 14do 001 ó 062

30 de novembro de 1998das 10 ás 14do 063 ó 132

01 de decembro de 1998das 10 ás 14do 132B ó 194

02 de decembro de 1998das 10 ás 14do 194 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa custa, de o consideraren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla nº 70, 27071-Lugo, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 13 de outubro de 1998.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

9062