Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 19 de outubro de 1998 pola que se establecen medidas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do ambiente e a conservación do espacio natural.

A nova política agraria común tende a fomenta-las medidas de desenvolvemento dunha agricultura menos intensiva, o emprego de prácticas de producción que diminúan os efectos contaminantes, a conservación de terras agrícolas abandonadas e a xestión con vistas ó acceso do público e o ocio como instrumentos da política ambiental.

En particular, o Regulamento (CEE) 2078/1992 do Consello, do 30 de xuño, promove métodos de producción agrícola propicios para o desenvolvemento dunha agricultura compatible coas esixencias ambientais e de conservación do espacio natural, establecendo un réxime de axudas, cofinanciadas polo FEOGA-Garantía, para compensa-las perdas de renda orixinadas pola reducción da producción ou o aumento de custos que supoñen os ditos métodos.

O dito regulamento, no seu artigo 3, puntos 1º, 2º e 3º, regula a aplicación por parte dos estados membros do réxime de axudas a través de programas plurianuais de zona e, no punto 4º, autoriza a estes a establecer un marco regulamentario xeral que dispoña a aplicación horizontal na totalidade do seu territorio dunha ou varias das axudas previstas.

Na súa virtude, e por proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), aprobouse o Real decreto 51/1995, do 20 de xaneiro (BOE nº 33 do 8 de febreiro), polo que se establece un réxime de medidas horizontais para fomentar métodos de producción agraria compatibles coas esixencias da protección e a conservación do espacio natural.

Por outra parte, a decisión da comisión C(95) 18, do 19 de xaneiro, aproba o dispositivo de aplicación deste réxime de axuda en España, cun programa de medidas xerais aplicables en todo o territorio español e outro programa de medidas específicas aplicables en zonas seleccionadas, entre as que se atopan medidas para aplicar en zonas da Comunidade Autónoma de Galicia e con participación do FEOGA-Garantía nos gastos financiables.

Neste marco, o sector agrario de Galicia debe combina-la súa adaptación a sistemas productivos máis eficientes co mantemento dunha cultura agraria propia, derivada dunha acción continua nun medio, ás veces hostil, que deu lugar a prácticas culturais como a construcción de socalcos para evitar unha erosión incontrolada, á realización de labores de cultivo, rozas ou cortas de mato que manteñen o uso gandeiro do monte e evitan a propagación de incendios, contribuíndo, en xeral, á conservación dunha paisaxe singular en harmonía co medio.

O viñedo é un cultivo especialmente importante nesta Comunidade Autónoma, tanto pola extensión da superficie cultivada, como polo número de traballadores empregados no sector, abarcando cinco denominacións de orixe en materia de viños. Cun dos programas de axuda previstos nesta orde tenderase a racionaliza-lo emprego de productos fitosanitarios e de fertilizantes, manter e estimula-la multiplicidade de especies, diminuíndo o risco de toxicidade, para así lograr un producto de maior calidade e menores residuos.

Nos vales dos ríos Miño e Sil, nas provincias de Lugo e Ourense, existen zonas cunha paisaxe peculiar, caracterizada polo cultivo do viñedo en socalcos con muros de pedra, nos que a vide é codada con métodos que evitan a erosión e aproveitan racionalmente as condicións naturais para a producción agrícola. Considérase necesario o establecemento dun programa de axuda que contribúa á permanencia desta paisaxe, ligado ó cultivo a man e a unha conservación cada vez máis custosa dos muros, práctica mantida secularmente desde a época romana, evitando o abandono do cultivo, a desaparición dos socalcos, a invasión da matagueira e os incendios.

Tamén existen en Galicia grandes superficies de pastos de uso comunal, que tradicionalmente, con pastoreo e con cortas de matagueira, manteñen o uso gandeiro do monte, uso que cómpre conservar racionalizando o pastoreo coa utilización de cercas e controlando os rexeitos de pasto e rebrotes de matagueira por medios mecánicos, mantendo unha carga gandeira equilibrada, e evitando os incendios e a erosión do solo.

Por outra parte, cómpre conserva-las razas gandeiras autóctonas en perigo de extinción pola súa adaptación para o aproveitamento dos recursos forraxeiros naturais e polo seu inestimable valor como recursos xenéticos da comunidade.

De acordo co disposto na Lei 7/1994, do 29 de decembro, pola que se creou o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, compételle a el a execución en Galicia das actuacións derivadas da aplicación da reforma da Política Agraria Común (PAC), inclusive as medidas de acompañamento, como neste caso as agroambientais, o que tamén se establece no artigo 5 do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a citada lei, así como no artigo 14 do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e do propio Ilgga.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito e programas de axuda

Artigo 1º.-Ámbito.

Establécese, para a Comunidade Autónoma de Galicia, un réxime de axudas para o fomento de

prácticas agrícolas compatibles co ambiente, conforme o disposto no artigo 3, do Regulamento (CEE) 2078/1992 do Consello, do 30 de xuño de 1992.

Artigo 2º.-Programas de axuda.

O dito réxime de axudas contará cos seguintes programas:

a) Protección integrada do viñedo mediante métodos biotecnolóxicos.

b) Conservación do contorno paisaxístico e loita contra a erosión en viñedos da Ribeira Sacra.

c) Conservación da paisaxe e prevención da erosión en sistemas extensivos de pastoreo.

d) Fomento das razas autóctonas en perigo de extinción.

Capítulo II

Protección integrada do viñedo mediante métodos biotecnolóxicos

Artigo 3º.-Obxectivos.

Co establecemento deste réxime de axudas alcanzaranse os seguintes obxectivos:

1. Mellora-la calidade da uva producida.

2. Diminuí-lo risco de atopar residuos de productos fitosanitarios na uva no momento da colleita.

3. Implantar, en amplas zonas de cultivo de viñedo, a utilización de métodos biotecnolóxicos de loita contra pragas e enfermidades respectuosos co ambiente e coa conservación do espacio natural.

4. Mante-la diversidade biolóxica no medio no que se aplique o programa.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

Este programa aplicarase nas superficies incluídas nas denominacións de orixe de Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra, Monterrei e Rías Baixas.

Artigo 5º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas neste capítulo as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións de viñedo que cumpran os requisitos establecidos a continuación:

a) Reduci-lo consumo de productos químicos utilizados en tratamentos fitosanitarios nun 30%, como mínimo, e utilizar na loita química exclusivamente os productos fitosanitarios incluídos no anexo II, durante un prazo de cinco anos.

b) Se é o caso, desenvolve-lo programa de protección integrada do viñedo mediante métodos biotecnolóxicos, conforme as especificacións técnicas sinaladas no anexo I e no libro de campo especificado no anexo III, durante un prazo de cinco anos.

c) Dispoñer directamente ou como membro dunha agrupación de defensa vexetal, asociación de tratamento integrado na agricultura (ATRIA), SAT, coo

perativa ou outra agrupación legalmente constituída, dos seguintes medios e servicios:

c.1) Unha superficie total de viñedo, en coto redondo, igual ou superior a 5 ha, na que, polo menos, o 85% estea incluída no programa.

c.2) Asistencia técnica na aplicación de tratamentos fitopatolóxicos.

c.3) Técnico competente para efectua-los controis fitosanitarios de seguimento da execución do programa.

c.4) Sistema de control e verificación da execución do programa de acordo con este capítulo.

d) Incluír no programa, polo menos, o 50% da superficie da explotación destinada a viñedo, considerando sempre parcelas completas.

e) Somete-la maquinaria de aplicación a revisións periódicas cada dous anos, como mínimo.

f) Cumpri-las indicacións da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria en canto á execución do programa e permiti-lo libre acceso á explotación dos técnicos responsables do seu seguimento.

g) Participar nos cursos de formación sobre técnicas de producción integrada dos viñedos que imparta a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

h) Subscribir un contrato directamente, ou a través de asociación correspondente, co Ilgga para a realización do programa.

Artigo 6º.-Contía da axuda.

Os beneficiarios deste programa poderán percibir unha das seguintes axudas, anualmente, por un período máximo de cinco anos:

a) Unha prima de ata 25.000 ptas./ha no caso de reducción dos productos para tratamentos químicos, como mínimo, nun 30% e utilización unicamente dos productos incluídos no anexo II.

b) Unha prima de ata 50.000 ptas./ha no caso de que, ademais da reducción de productos químicos se empregen os métodos biotecnolóxicos de protección integrada especificados no anexo I.

En calquera caso, o límite máximo de subvención anual por explotación será de 2.500.000 ptas.

Artigo 7º.-Solicitude e documentación complementaria.

As solicitudes de axuda serán formuladas, en modelo oficial, polos titulares das explotacións conforme o anexo IV desta orde. Así mesmo, tamén poderán ser presentadas polas entidades indicadas no artigo 5º.1 c) desta orde, sempre e cando os seus asociados confiran expresamente autorización a tal efecto. Deberá xuntárselle á solicitude a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI/NIF do solicitante

2. Relación de parcelas de viñedo da explotación (anexo V).

3. Compromiso entre o solicitante da axuda e a agrupación, asociación ou sociedade na que se integra, pola que ámbalas partes asumen os seus compromisos en canto ó desenvolvemento do programa, se é o caso (anexo VI).

4. Documento acreditativo da constitución legal da agrupación de defensa vexetal, ATRIA, SAT ou cooperativa, así como copia dos seus estatutos ou, no suposto de que nestes últimos non se prevexa o plan de actuación de asistencia técnica ós seus asociados na aplicación de tratamentos fitopatolóxicos, acordo do órgano rector no que se recolla a dita finalidade.

5. Certificación da agrupación, asociación ou sociedade, acreditativa da pertenza a ela do solicitante da axuda, se é o caso.

6. Acordo do órgano competente da agrupación, asociación ou sociedade, polo que asume o compromiso de seguimento e control da execución do programa mediante técnico competente, durante o prazo de duración do programa, conforme as especificacións técnicas sinaladas no anexo I e lista de materias incluídas conforme o anexo II.

7. Plano do catastro do coto redondo e das parcelas incluídas no programa.

8. Certificación da entidade financeira na que se indique un número de conta, en formato código conta cliente, aberta a nome do solicitante para o ingreso da axuda.

Artigo 8º.-Tramitación e control administrativo.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e os órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria funcionalmente dependentes daquela realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, así como as inherentes ó servicio técnico, é dicir, efectuarán a recepción e rexistro, se é o caso, das solicitudes, a comprobación e verificación de que a documentación presentada está completa, solicitando, se procede, a documentación complementaria necesaria co fin de emitir informe sobre a adecuación dos feitos que serven de base para a determinación da cantidade que lle deberá ser aboada a un beneficiario, conforme coa normativa comunitaria que resulte de aplicación e a estatal e autonómica que a desenvolven. Posteriormente emitirán informe e remitirán os expedientes completos ós servicios provinciais do Ilgga para o seu tratamento informático, que elaborarán a proposta correspondente para a súa aprobación polo director do Ilgga.

Unha vez aprobadas as axudas formalizaranse os correspondentes contratos entre o Ilgga e os beneficiarios ou agrupacións.

Artigo 9º.-Control e seguimento do programa.

O control da aplicación do programa será efectuado polo técnico competente da agrupación á que pertenza o titular da explotación, e o seguimento da aplicación do programa, conforme os anexos I e II, documentarase nun caderno de campo segundo se indica no anexo III.

Os servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria efectuarán as comprobacións que coiden oportunas para garanti-la correcta execución do programa, tanto mediante o exame do caderno de campo como mediante a toma de mostras e posterior análise.

Non obstante, o Ilgga poderá demanda-la realización daquelas inspeccións e controis adicionais que se considere necesario para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

Artigo 10º.-Xustificación e aboamento da axuda.

1. A xustificación da execución do programa realizarase anualmente coa presentación polo interesado ou pola asociación á que pertenza dun informe técnico detallado para cada explotación, asinado polo técnico responsable do seu seguimento e control, no que se indique o nivel dos obxectivos alcanzados, antes do 30 de setembro de cada ano.

2. En todo caso, o pagamento anual da axuda estará supeditado ó informe técnico anual, elaborado por parte dos servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, de execución do programa e do cumprimento dos compromisos asumidos. A dita certificación servirá de base para que o Ilgga efectúe, se é o caso, o pagamento da axuda.

3. Para os efectos previstos no parágrafo anterior, os titulares das explotacións beneficiarias das axudas deberán colaborar nas medidas que se adopten para o control e seguimento do programa. En particular, deberán permiti-lo libre acceso á súa explotación, a toma de mostras e o exame de datos e rexistros ós técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

4. Se da verificación e control realizados se deduce unha execución non satisfactoria do programa e o incumprimento dos compromisos asumidos, reducirase parcial ou totalmente a axuda aprobada que vai percibi-lo solicitante.

Capítulo III

Conservación do contorno paisaxístico e loita contra a erosión en viñedos da Ribeira Sacra

Artigo 11º.-Obxectivos.

Co establecemento desta liña de axuda preténdense os seguintes obxectivos:

1. Mante-la paisaxe peculiar que o cultivo do viñedo en socalcos proporciona nos vales dos ríos Sil e Miño na Ribeira Sacra.

2. Preve-la erosión nas ladeiras mantendo o sistema de cultivo con socalcos.

3. Mante-la actividad agrícola nestas terras evitando a invasión da matagueira e o perigo de incendios.

4. Permiti-lo sostemento dunha población rural nunha zona na que a súa diminución é constante.

Artigo 12º.-Ámbito territorial.

Este programa aplicarase nos viñedos das ribeiras do Miño e Sil pertencentes á zona de denominación de orixe Ribeira Sacra.

Artigo 13º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións de viñedo situadas na zona de aplicación do programa e que cumpran os requisitos especificados a continuación:

1. Cultiva-lo viñedo en socalcos, cun máximo de tres filas de cepas por socalco ou no caso de ter máis filas por socalco, a pendente natural do terreo deberá ser superior ó 75%.

2. Mante-lo cultivo do viñedo en socalcos durante un período mínimo de 5 anos a partir da data de aprobación da solicitude.

3. Realiza-los traballos necesarios para o mantemento dos muros dos socalcos, utilizando os materiais orixinais, fundamentalmente pedra da zona.

4. Levar a cabo as prácticas de cultivo do viñedo tradicionais, empregando fundamentalmente, fertilizantes orgánicos e labores de cava manuais, eliminando a utilización de fertilizantes químicos.

5. Realizar, como máximo, un tratamento herbicida, utilizando productos non residuais.

6. Cultivar unha superficie mínima de viñedo no sistema de terrazas de 1.500 m, en parcelas cunha superficie mínima de 500 m.

7. Cultivar, unicamente, variedades de vide autorizadas ou recomendadas, de forma que a porcentaxe da superficie total incluída no programa ocupada por variedades recomendadas sexa superior ó 60%.

8. Dispoñer, directamente ou como membro do consello regulador, ATRIA, SAT, ou outra agrupación legalmente constituída, dos seguintes medios de producción ou servicios:

a) Unha superficie de viñedo en socalcos igual ou superior a 0,5 ha en coto redondo.

b) Técnico competente para efectua-lo seguimento do programa.

9. Subscribir un contrato directamente, ou a través do consello ou asociación correspondente, co Ilgga, para a realización do programa.

Artigo 14º.-Contía da axuda.

Os beneficiarios deste programa poderán percibir unha axuda anual, por un período máximo de 5 anos, de ata 70.000 ptas./ha.

En calquera caso, a subvención máxima por explotación e ano será de 2.500.000 ptas.

Artigo 15º.-Solicitude e documentación complementaria.

As solicitudes de axuda faranse en modelo oficial, conforme o anexo IV desta orde, que tamén poderán ser presentadas polas entidades indicadas no punto 8 do artigo 13º, sempre e cando os seus asociados

confiran expresamente autorización para tal efecto. Deberá xuntarse á solicitude a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI/CIF do solicitante.

2. Relación das parcelas das que é titular e nas que se vai aplica-lo programa, coas súas referencias catastrais (anexo VII).

3. Plano do catastro do coto redondo e das parcelas incluídas no programa.

4. Contrato entre o solicitante de axuda e o consello regulador ou agrupación na que está integrado, polo que ámbalas partes asumen os compromisos de desenvolvemento e seguimento do programa (anexo VIII).

5. Documento acreditativo da constitución do consello, agrupación, etc., e dos seus obxectivos.

6. Certificación da agrupación, consello, etc., acreditativa da pertenza a ela.

7. Acordo do órgano competente da agrupación, consello, etc., para o seguimento do programa.

8. Certificación da entidade financeira na que se indique un número de conta, en formato código conta cliente, aberta a nome do solicitante para o ingreso da axuda.

Artigo 16º.-Tramitación e control administrativo.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e os órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria funcionalmente dependentes daquela realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, así como as inherentes ó servicio técnico, é dicir, efectuarán a recepción e rexistro, se é o caso, das solicitudes, a comprobación e verificación de que a documentación presentada está completa, solicitando, se procede, a documentación complementaria necesaria co fin de emitir informe sobre a adecuación dos feitos que serven de base para a determinación da cantidade que lle deberá ser aboada a un beneficiario, conforme coa normativa comunitaria que resulte de aplicación e a estatal e autonómica que a desenvolven. Posteriormente emitirán informe e remitirán os expedientes completos ós servicios provinciais do Ilgga para o seu tratamento informático, os que elaborarán a proposta correspondente para a súa aprobación polo director do Ilgga.

Unha vez aprobadas as axudas formalizaranse os correspondentes contratos entre o Ilgga e os beneficiarios ou agrupacións.

Artigo 17º.-Control e seguimento do programa.

O control da aplicación do programa en cada parcela e explotación será efectuado polo técnico competente da agrupación á que pertenza o titular da explotación, anotando as súas incidencias.

Os servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria efectuarán as comprobacións que coiden oportunas para garanti-la correcta execución do programa, tanto mediante o

exame da documentación presentada como mediante controis sobre o terreo.

Non obstante, o Ilgga poderá demanda-la realización daquelas inspeccións e controis adicionais que se considere necesario para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

Artigo 18º.-Xustificación e aboamento da axuda.

1. A xustificación da execución do programa realizarase anualmente coa presentación polo interesado, ou pola asociación á que pertenza, dun informe técnico detallado das parcelas e explotacións nas que desenvolven o programa satisfactoriamente e das incidencias, asinado polo técnico responsable do seu seguimento e control, antes do 30 de maio de cada ano.

2. En todo caso, o pagamento anual da axuda estará supeditado ó informe técnico anual, elaborado por parte dos servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, de execución do programa e do cumprimento dos compromisos asumidos. A dita certificación servirá de base para que o Ilgga efectúe, se é o caso, o pagamento da axuda.

3. Para os efectos previstos no parágrafo anterior, os beneficiarios titulares das explotacións deberán colaborar nas medidas que se adopten para o control e seguimento do programa. En particular, deberán permiti-lo libre acceso á súa explotación, a toma de mostras e exame de datos e rexistros ós técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

4. Se da verificación e control realizados se deduce unha execución non satisfactoria do programa e o incumprimento dos compromisos asumidos, reducirase parcial ou totalmente a axuda aprobada que vai percibi-lo polo solicitante.

4.1. Consideraranse como causa de perda da axuda para a parcela correspondente:

a) A existencia de muros destruídos nela, na data de finalización anual do programa.

b) A existencia de muros construídos con materiais alleos ós tradicionais de zona na data de finalización anual do programa.

c) A utilización de fertilizantes minerais ou herbicidas residuais.

4.2. Considerarase como causa de perda da axuda para a totalidade da explotación:

a) A existencia de muros destruídos ou construídos con materiais non adecuados, na data de finalización do programa, en máis do 50% das parcelas da explotación incluídas no programa.

b) A utilización de fertilizantes minerais ou herbicidas residuais en máis do 50% da superficie das parcelas incluídas no programa.

Capítulo IV

Conservación da paisaxe e prevención da erosión nos sistemas extensivos de pastorea

Artigo 19º.-Obxectivos.

Co desenvolvemento deste programa preténdese alcanza-los seguintes obxectivos:

1. Mante-los pastos de montaña de uso comunal que tradicionalmente foron pastoreados polo gando vacún, ovino ou cabalar, co fin de controla-la vexetación arbustiva.

2. Contribuír ó equilibrio ecolóxico da flora e da fauna autóctonas e ó emprego de razas autóctonas adecuadas a este sistema de pastoreo.

3. Revaloriza-la paisaxe do contorno destas zonas e permiti-lo sostemento dunha población rural en constante regresión.

4. Previ-los incendios e a erosión producida pola desaparición da cuberta vexetal en zonas de ladeira.

Artigo 20º.-Ámbito territorial.

O programa aplicarase nos montes vecinais en man común situados nas zonas de montaña da Comunidade Autónoma, definidas segundo o establecido no punto 3º do artigo 3 da Directiva CEE 75/268 e municipios limítrofes.

Artigo 21º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste capítulo as comunidades de montes vecinais en man común regulamentariamente constituídas, que cumpran os requisitos establecidos a continuación:

1. Dispoñer dunha superficie de pastos de uso comunal, cercada perimetralmente na súa totalidade, e que poderá comprender:

a) Superficie de pasto cun aproveitamento adicional para sega e conservación de alimentos para inverno, cercada totalmente.

b) Superficie de pasto cun control por sega mecánica dos rexeitos e rebrotes da matagueira.

c) Superficie cun control da vexetación unicamente mediante pastoreo.

Non se poderá incluír no programa a superficie de monte con matagueira no que esta cubra máis do 70% da superficie do terreo.

A superficie incluída nas letras a) e c) non poderán supera-lo 50% e o 80% respectivamente, da superficie total de pastos incluída no programa.

2. Realizar un programa de conservación, manexo, aproveitamento e pastoreo para cada tipo de superficie das incluídas no número 1, por un período mínimo de cinco anos e que comprenda:

a) Superficie para alimentos conservados.

-Número de hectáreas e localización.

-Datas de fertilización con 70 unidades PO e 50 de KO.

-Período do pastoreo de primavera e identificación individual do gando utilizado.

-Datas de colleita dos conservados.

-Período de pastoreo de outono e identificación do gando.

-Data de realización e remate do mantemento das cercas.

b) Superficie para control por sega mecánica.

-Número de hectáreas e localización.

-Datas de fertilización con 60 unidades de PO e 50 de KO.

-Períodos de pastoreo e identificación individual do gando utilizado.

-Datas do control de restos e matagueira por medios mecánicos.

-Datas de realización e remate do mantemento das cercas.

c) Superficie para control por pastoreo.

-Número de hectáreas e localización.

-Períodos de pastoreo e identificación individual do gando utilizado.

-Datas de realización e remate do mantemento das cercas.

Este plan de aproveitamento debe ser aprobado polo Ilgga.

Artigo 22º.-Contía das axudas.

Establécense as seguintes axudas anuais, por un período máximo de cinco anos, para a execución dos plans de manexo ou aproveitamento dos montes veciñais en man común:

Superficies para alimentos conservados: 15.000 ptas./ha.

Superficies con control por sega mecánica: 10.000 ptas./ha.

Superficies con control por pastoreo: 3.000 ptas./ha.

Artigo 23º.-Solicitude e documentación complementaria.

Ás solicitudes de axuda, en modelo oficial conforme co anexo IV desta orde, deberá xuntarse a seguinte documentación:

1. Fotocopia do CIF do solicitante.

2. Fotocopia do DNI do representante e documento acreditativo da representación do monte veciñal en man común.

3. Relación de parcelas coas súas referencias catastrais, dedicadas a cada un dos tipos de aproveitamento indicados no artigo 21º punto 1 desta orde, segundo modelo do anexo IX e plano da súa situación e das cercas perimetrais e exteriores. Esta documentación, en casos excepcionais, poderá substituírse pola existente no expediente de declaración de monte veciñal en man común ou outra documen

tación existente na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria na que figuren planos coa situación e superficies dedicadas a cada tipo de aproveitamento.

4. Plan anual de conservación, manexo, aproveitamento e pastoreo segundo modelos dos anexos X e XI.

5. Fotocopias das follas de saneamento das explotacións, sinalando as cabezas que aproveitarán os pastos.

6. Certificación da entidade financeira na que se indique un número de conta, na que se especifique o código conta cliente, aberta a nome do solicitante para o ingreso da axuda.

Artigo 24º.-Tramitación e control administrativo.

As delegacións provinciais do Ilgga efectuarán a recepción e rexistro, se é o caso, das solicitudes, a comprobación e verificación de que a documentación presentada está completa, solicitando, se procede, a documentación complementaria necesaria co fin de emitir informe sobre a adecuación dos feitos que serven de base para a determinación da cantidade que deberá ser aboada a un beneficiario, conforme coa normativa comunitaria que resulte de aplicación e a estatal e autonómica que a desenvolven; así mesmo efectuarán o tratamento informático e elaborarán a proposta correspondente para a súa aprobación polo director do Ilgga.

Unha vez aprobadas as axudas formalizaranse os correspondentes contratos para a realización do programa entre o Ilgga e os solicitantes da axuda.

Artigo 25º.-Control e seguimento do programa.

1. O control da aplicación do programa será efectuado polos técnicos dos servicios provinciais do Ilgga que realizarán as comprobacións que coiden oportunas para garanti-la súa correcta execución.

2. Os beneficiarios das axudas deberán permiti-lo acceso dos técnicos ás parcelas e colaborar con eles nas medidas que se adopten para o control e o seguimento do programa.

Artigo 26º.-Xustificación e aboamento da axuda.

1. A xustificación da execución do programa será realizada anualmente polo interesado coa presentación, antes do 30 de outubro, nos servicios provinciais do Ilgga, da comunicación da finalización das medidas previstas no plan anual de conservación e manexo.

2. O pagamento anual da axuda estará supeditado á certificación polos servicios técnicos dependentes do Ilgga do cumprimento dos compromisos asumidos. A dita certificación servirá de base para que o Ilgga efectúe, se é o caso, o pagamento da axuda.

3. Se da verificación e control realizados se deduce unha execución non satisfactoria do programa e o incumprimento dos compromisos asumidos, reducirase parcial ou totalmente a axuda aprobada para percibir polo solicitante.

Capítulo V

Fomento das razas autóctonas en perigo

de extinción

Artigo 27º.-Obxectivos.

Co establecemento deste réxime de axudas preténdense alcanza-los seguintes obxectivos:

-Contribuír ó mantemento e conservación dun recurso xenético autóctono.

-Axudar ó mantemento da renda nestas zonas de orixe das ditas razas contribuíndo a evita-la despoboación destas zonas, e achegando unha riqueza natural e paisaxística.

-Fomenta-lo aproveitamento de terras onde poidan sobrevivir só razas autóctonas.

-Contribuír a conserva-lo medio natural, así como a diminuí-la incidencia dos incendios forestais, ó manter limpo o sotobosque.

Artigo 28º.-Ámbito territorial.

O programa aplicarase para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con preferencia naquelas explotacións situadas nas zonas de orixe destas razas.

Artigo 29º.-Beneficiarios.

Poderán beneficiarse das axudas reguladas neste capítulo as persoas físicas ou xurídicas titulares da explotación onde exista algún exemplar destas razas autóctonas en perigo de extinción, sexa en réxime de propiedade ou de cesión pola Administración autonómica, así como os propietarios de exemplares destas razas criadas en liberdade en terreos veciñais ou montes veciñais en man común, que cumpran, por un período de cinco anos, os seguintes requisitos:

a) Beneficiarios das axudas por explotar gando bovino autóctono en perigo de extinción:

1. Ser titular da explotación.

2. Face-lo saneamento gandeiro en cada campaña.

3. Ter un ou máis exemplares puros dalgunha das razas autóctonas de vacún en perigo de extinción: cachena, vianesa, frieiresa, caldelá ou limiá.

4. Te-lo gando destas razas inscrito no Rexistro de Razas Autóctonas de Fontefiz (Ourense).

5. Participar ou solicita-la participación no programa de conservación e preservación das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, cumprindo as súas directrices técnicas.

6. Facer unha reproducción adecuada das femias adultas, con exemplares puros da mesma raza, e conservar e recria-las femias nadas desta forma.

b) Beneficiarios das axudas por teren en propiedade exemplares puros de gando equino autóctono en perigo de extinción:

1. Ter exemplares adultos, machos ou femias, dalgún dos topotipos de cabalo galego de monte: poni da Groba, poni da rexión central de Galicia e poni da zona norte de Lugo.

2. Facer un control de existencias e incidencias no rabaño, alomenos unha vez ó ano.

3. Te-los exemplares adultos identificados individualmente e inscritos no Libro de Rexistro da Raza Cabalo Galego de Monte que, para tal fin, leva a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

4. Participar ou solicita-la participación no programa de conservación, preservación e mellora do cabalo galego de monte.

Artigo 30º.-Contía da axuda.

Os beneficiarios deste programa poderán percibir, como máximo, unha prima de 10.000 ptas./UGM (unidades de gando maior) anualmente. Para o cálculo das equivalencias entre cabezas e UGM entre as distintas especies terase en conta o anexo II do Regulamento (CEE) 950/1997.

Artigo 31º.-Solicitude e documentación complementaria.

Ás solicitudes de axuda, en modelo oficial conforme o anexo IV desta orde, deberá xuntarse a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI/NIF do solicitante.

2. No caso de axudas para gando vacún:

2.1. Fotocopia da folla de saneamento gandeiro deste ano ou do ano anterior.

2.2. Fotocopia das fichas e rexistro de cada un dos animais adultos destas razas que teña na súa explotación.

2.3. Copia ou fotocopia do impreso das primas a que ten dereito, asinado polos técnicos do programa de conservación das razas autóctonas, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

3. No caso de axudas para o gando cabalar, presentarase fotocopia das fichas de rexistro de cada un dos animais adultos destas razas que teña na súa explotación.

Artigo 32º.-Tramitación e control administrativo.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e os órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria funcionalmente dependentes daquela, realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, así como as inherentes ó servicio técnico, é dicir, efectuarán a recepción e rexistro, se é o caso, das solicitudes, a comprobación e verificación de que a documentación presentada está completa, solicitando, se procede, a documentación complementaria necesaria co fin de emitir informe sobre a adecuación dos feitos que serven de base para a determinación da cantidade que lle deberá ser aboada a un beneficiario, conforme coa normativa comunitaria que resulte de aplicación e a estatal e autonómica que a desenvolven. Posteriormente emitirán informe e remitirán os expedientes completos ós servicios provinciais do Ilgga para o seu tratamento informático, os que elaborarán a proposta correspondente para a súa aprobación polo director do Ilgga.

Unha vez aprobadas as axudas formalizaranse os correspondentes contratos para a realización do programa entre o Ilgga e os solicitantes da axuda.

Artigo 33º.-Control e seguimento do programa.

O control da aplicación do programa será efectuado polo técnico correspondente do programa de conservación das razas autóctonas en perigo de extinción, adscrito ós servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, que ademais efectuará o seguimento, controis e comprobacións que coide oportunas para garanti-la correcta execución do programa e o oportuno cumprimento dos requisitos esixidos para beneficiarse das axudas deste capítulo.

Non obstante, o Ilgga poderá demanda-la realización daquelas inspeccións e controis adicionais que se considere necesario para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

Unha vez realizado o control, o técnico asinará o impreso de primas de axuda a que ten dereito por este capítulo.

Artigo 34º.-Xustificación e aboamento da axuda.

1. A constatación do cumprimento das condicións deste programa será realizada polos técnicos correspondentes dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, os cales cubrirán o apartado correspondente do impreso de solicitude de primas. Esta comprobación poderá facerse aproveitando a visita da explotación polo técnico por razóns do programa de conservación e preservación das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción ou por razóns do programa de conservación, fomento e mellora do cabalo galego de monte.

2. Sen embargo, será responsabilidade do titular da explotación solicita-la dita comprobación e visita dos técnicos, alomenos unha vez ó ano e antes do 30 de outubro.

3. O pagamento deste capítulo de axudas farase unha vez ó ano, e estará condicionado á comprobación polos técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria do cumprimento dos compromisos asumidos polo titular da explotación solicitante da axuda. A dita comprobación servirá de base para que o Ilgga efectúe, se é o caso, o pagamento da axuda.

4. Para os efectos previstos neste artigo, os titulares das explotacións beneficiarias deberán colaborar nas medidas que se adopten para o seguimento e control do programa, así como permiti-lo libre acceso á súa explotación e a toma de datos e rexistros ós técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

5. Os servicios técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria poderán requirirlle en todo momento ó beneficiario da axuda a presentación de calquera documentación

adicional que considere necesaria para a concesión, aboamento e control da axuda.

Capítulo VI

Normas xerais

Artigo 35º.-Compatibilidade e axudas máximas.

As axudas recollidas nesta orde serán compatibles entre si, de acordo co especificado para cada medida e acumulables ata as contías máximas previstas no Regulamento (CEE) 2078/1992, do 30 de xuño.

Artigo 36º.-Agricultor a título principal.

1. Cando o titular da explotación exerza a súa actividade como agricultor a título principal (ATP) de acordo coa definición do artigo 2 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, as contías establecidas incrementaranse nun 20%, tendo en conta o establecido no artigo anterior.

2. A xustificación da condición de ATP realizarase, como norma xeral, mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio do que finalizara o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales por elo durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais. Para estes efectos imputaránselle ó titular da explotación as seguintes rendas:

a) As de actividade agraria da explotación.

b) As procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as orixinadas por traballos desenvolvidos fóra da explotación, incluídas as perdas e haberes pasivos que fiscalmente estea obrigado a declarar.

c) O 50% das producidas polo capital mobiliario e inmobiliario, no caso de réxime de gananciais, e o 100% das súas rendas privativas.

Deberalle xuntar á citada xustificación un informe de vida laboral emitido pola Tesourería da Seguridade Social.

Artigo 37º.-Prazo e lugar de presentación das solicitudes.

As solicitudes de axuda poderán presentarse, preferentemente, nas delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e do Ilgga, ademais de nas oficinas e rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de novembro de 1998.

Artigo 38º.-Financiamento das actuacións.

1. As accións previstas nesta orde financiaranse de acordo co convenio de colaboración establecido ou que se estableza entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

2. O aboamento da axuda ó interesado poderá condicionarse á recepción pola Administración autonómica das transferencias correspondentes ás participacións do MAPA e do FEOGA-Garantía no financiamento dela.

3. No exercicio 1998 as axudas establecidas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.50.614 A.773.0 Apoio á eficacia dos sistemas productivos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998, dotado para esta finalidade con 35 millóns de pesetas.

Artigo 39º.-Solicitantes de anos anteriores.

Os beneficiarios de axudas dos programas a), b) ou c) do artigo 2, no ano anterior, que non variasen as parcelas, nin outros medios, nin métodos de producción no ano actual, poderán presenta-la solicitude correspondente sen incluí-los anexos V e VI no programa a), VII e VIII no programa b) e IX e X no programa c), utilizando o anexo XII.

Artigo 40º.-Control interno.

En todo o que atinxe á execución destes programas, os seus órganos xestores recollidos nos artigos precedentes quedarán sometidos á actividade de control da unidade administrativa de control interno do Ilgga como organismo pagador de gastos FEOGA-Garantía.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cando nun mesmo ámbito territorial coincidan accións relacionadas coa aplicación desta orde con outras que xurdan como consecuencia da aplicación do Regulamento 2087/1992, sobre fores

tación de terras agrarias ou do Real decreto 378/1993, do 12 de marzo, polo que se establece un réxime de axudas para fomentar investimentos forestais en explotacións agrarias e accións de desenvolvemento e aproveitamento dos bosques en zonas rurais, coordinaranse as actuacións precisas para a aplicación de ámbolos regulamentos.

Segunda.-Ós procedementos para a concesión de axudas e subvencións regulados nesta orde seralles de aplicación o sistema de recursos establecidos no capítulo II do título VII da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición transitoria

As solicitudes recibidas durante o ano 1997 para acollerse a estas axudas, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, teranse en conta nesta convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario e terán preferencia en relación coas presentadas en 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Ilgga para dicta-las disposicións necesarias co obxecto de desenvolver esta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

PROTECCIÓN INTEGRADA DO VIÑEDO MEDIANTE MÉTODOS BIOTECNOLÓXICOS

ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS BIOLÓXICAS NO CONTROL INTEGRADO

Praga/enfermidadeMetodoloxía de control

e seguimento

Ciclo época de controlUmbral de intervenciónIntervenciónObservacións

Couza de acio (confusión sexual)Instalación de trampas cebadas con feromona (2 ha ou fracción)1ª Xeración. Prefloración/Floración1ª Xeración. Aplicar para baixar poboacións de adultos se fose necesario.1ª Xeración. Unha aplicación máximo se fose necesario (productos lista autorizada).As aplicacións complementarias poderán ser só a zonas de bordos ou en bandas segundo as observacións realizadas sobre a evolución e a presencia da praga.
Reconto semanal das capturas2ª Xeración. tamaño chícharo.2ª Xeración. Colocar difusores ó inicio do voo.
Observación de postas (100 acios).3ª Xeración. Envero.
Controis visuais sobre a parcela durante o período vexetativo da planta.

Ácaros (depredadores de ácaros).Controlar, sobre todo en follas, a posible presencia de formas móbiles de araña vermella ó largo da parcela (con lupa de campo ou visualmente se o control é por persoa especializada).Varias xeracións segundo condicións máis ou menos óptimas.A detención da 1ª presencia do axente nocivo.Rango de

2.000-20.000 crisopas/ha segundo condicións.

Só os productos especificados no anexo II.

Pulgóns (depredadores).O mesmo que no caso dos ácaros, sobre todo en pámpanos, bases de peciolo, pero tamén en follas.Varias xeracións segundo condicións máis ou menos óptimas.A detección da 1ª presencia do axente nocivo.Rango de

2.000-20.000 crisopas/ha segundo condicións.

Só os productos especificados no anexo II.

Nota: calquera producto, norma de control ou técnica de aplicación que se pretenda aplicar no programa de control integrado será autorizado expresamente polos servicios oficiais competentes na materia.

ANEXO II

PROTECCIÓN INTEGRADA DO VIÑEDO MEDIANTE MÉTODOS BIOTECNOLÓXICOS

LISTA DE MATERIAS ACTIVAS QUE SE VAN UTILIZAR NO PROGRAMA DE CONTROL INTEGRADO DA VIDE

Praga/enfermidadeMateria activa/ou depredadorCategoría toxicolóxicaPrazo de seguridade

Trazos de couzas de acioConfusión sexual

Bacillus thuringiensis

Fenoxicard

Flufenoxuron

----

Baixa A, A, A

Baixa Xi, A, B

Baixa Xi, A, B

------

21 días

28 días

TripsOrius------
Ácaros/AcariosesBromopropilato

Xofre

Fenbutestan

Crysopa carnea

Hexitiazox

Aceite mineral

Propargita

Nocivo A, B, A

Baixa A-A

Xn, A, C, A---

Xn, A, C, A

Baixa A, A, B

Nocivo A, C, A

21 días

5 días

21 días---

14 días

10 días

21 días

PulgónCrysopa carnea------
Melaza

(Pseudococus)

FenitrotionXn, B, B, D15 días
Mosquito verde

(Empoascasa)

FenitrotionXn, B, B, D15 días
OidioXofre

Os antioidios sistémicos ou penetrantes recomendados polo grupo de traballo da vide

Xi, A, A, A

Segundo producto

5 días

Segundo producto

ExcorioseFolpet

Mancozeb

Nocivo A-C

Nocivo A-B

21 días

15 días

MildeuOxicloruro de cobre

Sulfato de cobre

Os productos sistémicos ou penetrantes recomendados por grupo de traballo da vide

Xn, B, B, A

Xn, A, B, B

Segundo producto

15 días

15 días

Segundo producto

PodredumesIprodiona

Procimidona

Pirimetanil

A, A, A, A

Baixa Xi, Xn

Baixa A, A, B

14 días

5 días

21 días

Nota: calquera outro producto que se pretenda utilizar nos citados programas será autorizado expresamente polos servicios oficiais competentes na materia.

Claves:

Xn=producto nocivo para o home.

Xi=producto irritante para o home.

T=producto tóxico para o home.

A=producto de baixa toxicidade.

B=producto tóxico.

ANEXO III

PROTECCIÓN INTEGRADA DO VIÑEDO MEDIANTE MÉTODOS BIOTECNOLÓXICOS

(REGULAMENTO CEE 2078/1992)

CADERNO DE CAMPO

O caderno de campo terá como soporte un caderno coa metodoloxía de traballo que ó inicio da campaña será entregada a cada técnico pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

A consellería determinará, para cada coto redondo, o número de cadernos de campo necesarios para a verificación e control do programa.

Conterá como mínimo os seguintes apartados:

A) Datos identificativos das áreas piloto.

B) Bosquexo de situación das áreas piloto.

C) Datos do cultivo de vide nas áreas piloto.

D) Follas de seguimento dos tratamentos realizados.

E) Fichas de campo de seguimento de pragas e enfermidades, patóxenos que hai que observar.

Os patóxenos indicados no caderno de campo serán recollidos conforme o protocolo descrito nel, e os resultados observados serán remitidos tódolos xoves antes das 11 h ós laboratorios indicados nel.

F) Datos sobre fauna útil.

Recolleranse mostras estacionalmente en primavera, verán e outono, dos predios piloto establecidos ó principio da campaña. As normas de recollida estableceranse para cada programa de cada asociación.

9310