Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Gina número 2.

Visto o expediente incoado por José Pena Costa, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Gina nº 2, outorgado pola orde ministerial do 29-9-1966 (BOE nº 237), situado na cuadrícula nº 19, do polígono C de Cangas, rematando a concesión o 4-10-2006, e do que eran titulares José Pena Costa (31.099.346) e Peregrina Lemat Paz (76.834.147).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Pena Costa, DNI 31.099.346.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

9100