Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Rocamar número 41 (cuadrícula número 49, Redondela A).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Rocamar nº 41.

Cultivo: ostra plana (Ostrea Edulis).

Localización: cuadrícula nº 49, Redondela A.

Data da concesión: 26-11-1958 (BOE nº 299).

Data na que remata a derradeira prórroga: 15-12-2003.

Anterior concesionario: Mariscos Arcade, S.L. (B-36004372).

Novo titular da concesión: Calvo Rosendo, Andrés (35.226.656) e Figueiras González, María Sol (32.597.789-G).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

9099