Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de setembro de 1998 pola que se procede á regularización da situación administrativa da batea Prado III.

Visto o expediente promovido por Luis Prado Acha con DNI 35.943.575 titular da batea denominada Prado III, con autorización provisional de fondeo na cuadrícula nº 46 do polígono Cambados G, outorgada pola Comandancia de Mariña con data 9-10-1986.

Considerando que a comisión de revisión e reordenación de polígonos de bateas da provincia de Pontevedra, na reunión celebrada con data 28-6-1991. Propón que se outorgue concesión administrativa ás autorizacións provisionais fondeadas e que se encontren en explotación.

Considerando que a citada batea figura incluída na folla nº 142 das bases de revisión do distrito marítimo de Cambados, feitas públicas no Diario Oficial de Galicia nº 139, do 7-10-1991.

Tendo en conta o disposto na circular 7/1992, do 27-6-72, da Dirección Xeral de Pesca Marítima, no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais lexislación aplicable.

Esta consellería, facendo uso das competencias e facultades que ten conferidas, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, e logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico,

RESOLVE:

Regulariza-la situación administrativa para a explotación da batea Prado III cuadrícula nº 46, do polígono Cambados G, pertencente ó distrito marítimo de Cambados.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados desde a data da publicación

da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, prorrogables por períodos sucesivos de dez anos, ata un máximo de dúas prórrogas.

Segunda.-As características da batea serán as seguintes:

Nome da batea: Prado III.

Titular da concesión: Luís Prado Acha.

Situación: cuadrícula nº 46, polígono Cambados G.

Características artefacto:

Plataforma: 22x18 m.

Flotadores: 6 de 3,5x2,2 m.

Características cultivo (*):

Especie: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Cordas de engorde:

Nº máximo: 500 máximo.

Densidade máxima: cordas/m.

Lonxitude máxima: 12 m.

(*) De acordo co sinalado na disposición transitoria cuarta do Regulamento de viveiros aprobado polo Decreto 406/1996, en tanto non se desenvolva o disposto nos artigos 35.1º e 44, establécese unha lonxitude máxima do total da corda de engorda de 6.000 m. O número máximo de cordas de engorda será de 500 e a súa lonxitude máxima de 12 metros.

Terceira.-A concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no artigo 14 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, ou polo incumprimento dalgunha das condicións recollidas na presente resolución.

Cuarta.-De acordo co disposto no artigo 24 do citado Decreto 406/1996, a batea estará debidamente identificado mediante unha placa, de acordo co modelo aprobado para o efecto.

Quinta.-Ó establecemento seralle de aplicación o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, Decreto 406/1996, do 7 de novembro, e demais lexislación concordante.

Sexta.-O concesionario xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimo

niais e actos xurídicos documentados) ou acredita-la declaración de non estar suxeito o acto a tal imposto, feito pola delegación de facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos nos artigos 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

P.D. 17-12-1997 (DOG nº 246 do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9098