Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Hermitas, a favor de José Ojea Triñanes e Mª del Carmen Rodríguez Hermo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, de 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Hermitas.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 25.

Data da concesión: 28-9-1973.

Data do remate da última prórroga: 11-10-2003.

Anterior concesionario: Josefa López Pérez (76.493.365) e José Viturro Viturro (35.395.800).

Novo titular da concesión e batea: José Ojea Triñanes (33.112.437) e Mª del Carmen Rodríguez Hermo (76.493.449).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 28 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9456