Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (107/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 107/1998, que se segue por danos, cítase a Antonio Pallas García e o seu representante legal para que o vindeiro día vintetrés de outubro, ás 12.30 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas

desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Antonio Pallas García e ó seu representante legal, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela a catorce de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9455