Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (43/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico: que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 43/1998 se segue xuízo de faltas sobre danos no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia. En Santiago de Compostela o oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 43/1998, seguidos por danos, sendo parte denunciante Dierdre Hardiman Ward, maior de idade e como parte denunciada José Eduardo Caamaño Gorin, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido: que debo absolver e absolvo a José Eduardo Caamaño Gorin da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciante, Dierdre Hardiman Ward en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

9465