Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de notificación (34/1998).

Miguel Formoso Sobrado, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas 34/1998 se dictou resolución e que di como segue:

Providencia.

Xuíza Cristina García Velasco, na Estrada, o oito de xullo de mil novecientos noventa e oito.

Tendo en conta o anterior escrito, examinado, súmese ós autos da súa razón e visto o seu contido, admítese e dáse por formalizado recurso de apelación contra a sentencia dictada en primeira instancia nas presentes actuacións, ó presentarse en tempo e forma. Déaselle traslado das súas copias ás restantes partes e ó Ministerio Fiscal, para que no termo de dez días emitan escrito de adhesión ou de impugnación a el, e rematado aquel con presentación de escritos ou sen eles, elevaranse ás actuacions para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Mandouno e asina Súa Señoría dou fe.

E para que conste e sirva de notificación ó apelado José María Sánchez Padilla, hoxe en descoñecido paradoiro, expido a presente cédula testemuño para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios do propio xulgado, facéndolle saber que ten na secretaría do xulgado, tanto o escrito de apelación como o resto dos autos á súa disposición.

O secretario xudicial

Rubricado

8493