Convocada a concurso por resolución da Universidade de Vigo, do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), unha praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio.
Tendo en conta a proposta elevada pola comisión, prevista no artigo 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro),
Este rectorado resolveu declara-la non provisión da praza referenciada do corpo de profesores titulares de universidade e concluído o procedemento selectivo.
Vigo, 1 de outubro de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
8610